O Club Atlética A Silva-Ordes informou hoxe dos bos resultados que recentemente acadou o club, cunha chuvia de medallas e de mellores marcas persoais. Deste modo no Campionato Galego de Pista Cuberta Sub 10/12/14 rexistráronse dúas medallas de ouro para Alma Bello, que foi dobre campiona galega sub 14 en Lonxitude e 60 metros. Pola súa banda, Juan Loureiro acadou o bronce en Triplo Salto sub 14.
Nunha sexta praza quedaron Álvaro Patiño (1.000 metros en sub12), Sara Vázquez (lanzamento de peso sub 12) e Samuel Fernández (salto de altura). Adrián Vilariño foi 14º en 500 metros sub 12 e Adriana Ferreiro foi 30ª nos 60 metros lisos sub 14.
Especialmente boa foi a actuación do clube no Campionato Galego de Lanzamentos de Inverno Máster. Nesta cita, Ana Abuín obtivo dous ouros, en martelo e disco W60. As mesmas ca Pepe Domínguez, en xavelina e disco M50. Pola súa banda, Ángeles Rodríguez del Río foi ouro en xavelina e prata en disco. Outras dúas medallas foron para Manuel núñez: ouro (disco) e prata (martelo m50). E aínda outras dúas, dúas pratas, para José Fraga en disco e martelo m60.
Na mesma competición, Hortensia Viaño acadou o ouro en Disco W50 e Jesús Mosquera o bronce no seu debut en disco M55.
En canto ao Campionato Galego de Lanzamentos Longos sub 16/18/20, o club tamén conseguiu varias medallas. Un ouro foi para Dani Loureiro en xavelina sub 18, e dúas pratas para Alejandro Rey en martelo e xavelina sub 16. Paula Mosquera foi prata en disco sub 20 e Candela Iglesias bronce en disco sub 16.
Acadaron unha 4ª praza ignacio Spósito (martelo e disco), Andrea Orjales (martelo), Dalia López (martelo) e Lara Liste (xavelina). Nesta última disciplina foi 5ª Noa Rey e 6º Elías Alexander Dam. A sétima praza foi para María Estévez, tamén en xavelina. Alba García representou tamén ao club en martelo.
Comments