top of page

'Coidados porta a porta' en Mesía, Frades e Trazo durante xaneiro e febreiro

Actualizado: 10 ene 2023


O programa de Coidados porta a porta da Xunta de Galicia percorre os concellos, agás as sete cidades, para ofrecer consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria a maiores de 55 anos. Este mes de xaneiro a unidade móbil estará na Praza do Concello de Mesía os días 18, 19, 20 e 23 de xaneiro. Pódese solicitar cita previa nos teléfonos 622 748 283 - 623 546 992 ou no correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.


Nesta ocasión, ademais, poderá darse unha charla sobre coidados do pé se hai dabondo persoas anotadas. Sería ás 13:30h do día 18, no Concello. Para anotarse hai que chamar ao 981 68 70 01.


A praza de Ponte Carreira de Frades acollerá, do 23 ao 25 de xaneiro, o autobús do programa, anunciou o Concello. A seguinte parada do bus na comarca será en Trazo, onde estará estacionado diante do pavillón municipal en horario de de 9h a 20h, os días 31 de xaneiro e 1 e 2 de febreiro. A inscrición nestes concellos pode facerse tamén nos teléfonos 622 748 283 - 623 546 992 ou no correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.

Comments


bottom of page