Comeza a construción dunha bancada cubertacon 225 prazas no campo de fútbol de Oroso
- Crónicas da comarca
- 2 mar 2023
- 1 Min. de lectura

O alcalde de Oroso, Luis Rey, e o concelleiro de Deportes, Antonio Leira, visitaron esta mañá o campo de fútbol de Oroso con motivo do comezo esta semana das obras de construción dunha bancada cuberta cunha capacidade aproximada de 225 prazas, divididas en tres fileiras de bancos.
Esta actuación, adxudicada á empresa Obras y Viales de Galicia S.L., suporá un investimento superior aos 112.000 euros e dispón dun prazo de execución de tres meses. O proxecto inclúe a cimentación e construción da bancada modular en tres alturas, a instalación da cuberta para o conxunto da bancada e tamén o acondicionamento do valado perimetral do terreo de xogo.
Luis Rey sinalou que esta obra enmárcase no “firme compromiso do goberno local coa mellora das infraestruturas deportivas para dar resposta ás necesidades dos máis de 1.500 veciños e veciñas que practican deporte federado ou de forma organizada”. Ao respecto, tamén lembrou a xa anunciada construción do novo Centro Deportivo Multiusos de Sigüeiro e o proxecto para a climatización da piscina e a construción dun ximnasio na contorna.
Abastecemento de auga a Vilalbarro
Por outra banda, Luis Rey tamén informou do comezo das obras da rede de abastecemento de auga ao lugar de Vilalbarro, na parroquia de Oroso.
Comments