Completa programación de Nadal en Trazo
- Crónicas da comarca
- 16 dic 2021
- 1 Min. de lectura

O Concello de Trazo organizou unha completa programación cultural para as festas de Nadal que inclúe 'Os Bolechas', contacontos, teatro, maxia, espectáculos de pompas de xabón ou obradoiros de cociña para a cativada. Trátase, explican, dun "extenso programa de actividades para gozar coa cultura durante estes días de Nadal". Dende o Concello recomendan anotarse canto antes para as actividades no 981 68 90 01.

O broche das festas será novamente a Cabalgata de Reis o 5 de xaneiro, cando os Reis Magos percorrerán as distintas parroquias do municipio. En vindeiras datas farase público o horario de cada parroquia no facebook do Concello.
Comments