“Con valentía podemos vencer” será o lema do Concello de Frades neste 25-N
- Crónicas da comarca
- 21 nov 2022
- 1 Min. de lectura

Baixo a lenda "“Con valentía podemos vencer” o Concello de Frades celebra este ano a súa campaña polo 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. A proposta parte de Candela Garea Martínez e Diana Rivadas Porteiro, de 2º da ESO do IES de Ponte Carreira, que gañaron o concurso no que tomou parte todo o alumnado do instituto.
O xurado, formado polo profesorado e técnicas municipais, escolleu esta proposta, que será recollida en camisetas, adhesivos e carteis, e inmortalizada nun graffiti no polideportivo municipal de Abellá. A
A programación do 25N complétase coa instalación dunha mesa informativa no Concello, onde se repartiu hoxe material informativo para sensibilizar á veciñanza sobre a eliminación da violencia contra a muller. Así mesmo, o graffiti que están a elaborar Candela Garea e Diana Rivadas será presentado ao público o xoves 24 de novembro.
Finalmente, o venres 25 de Novembro repartiranse camisetas co debuxo e a lenda “Con valentía podemos vencer” entre todos os nenos e nenas do CPI de Ponte Carreira. Ás 13:30 horas terá lugar a lectura do manifesto “Con valentía podemos vencer” diante da Casa do Concello.

Comments