O PSOE de Frades está a levar a cabo unha recollida de sinaturas polo municipio e levará a cabo unha iniciativa parlamentaria para denunciar o estado do servizo de pediatría, que consideran deficiente. “Levamos un tempo que o rural non sofre máis que recortes en servizos básicos, como o é o servizo de pediatría... non podemos calar e deixar que acaben co noso estado do benestar”, afirma Enrique Astray, Secretario Xeral da Agrupación Socialista de Frades e Voceiro do Grupo Municipal Socialista. “Cada vez oímos falar máis do problema do abandono do rural e da España vaciada pero é que se os servizos se recortan e os poucos que se dan, se dan en base a números e non a calidade, o problema vaise acentuar aínda máis”, engade Astray. Os socialistas "néganse a aceptar con resignación estes recortes e anuncian todo o seu apoio as familias dos nenos e nenas", afirman.
top of page
bottom of page
Comments