Cruz Vermella de Ordes organiza un curso de manipulador de alimentos
- Crónicas da comarca
- 9 feb 2022
- 1 Min. de lectura

A Cruz Vermella de Ordes fixo pública hoxe a apertura do prazo de inscrición para unha formación de manipulador de alimentos e hixiene alimentaria. O curso, cunha duración de tres horas, celebrarase na mañá do sábado 5 de marzo, de 10h a 13h.
Trátase dun curso presencial que se desenvolverá na sala de conferencias de Ordes, xunto á sede da Cruz Vermella. Diríxese á poboación xeral e ten un custe de 20 euros.

A inscrición pode facerse online.
Comments