top of page

Curso básico de manexo da Oficina Virtual de Gandaría en Ordes



A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, celebrará en Ordes un curso sobre os aspectos básicos de manexo da Oficina Virtual de Gandaría e da sede electrónica. Celebrarase o xoves 2 de decembro na Casa da Cultura en horario de tarde, 16:00 a 21:00 horas.


O obxectivo desta acción formativa é ofrecer uns coñecementos básicos do funcionamento e manexo desta oficina virtual, centrándose na aprendizaxe da xestión de trámites habituais e necesarios no sector gandeiro.


Así, abordaranse aspectos como solicitar guías por internet, levar o libro electrónico da explotación, dar altas e baixas de animais, solicitar duplicados de crotais ou do documento de identificación bovina, autorizar un remolque ou ter ATES, un sistema de codificación unificado para o rexistro de transportistas de animais vivos. Tamén se tratará o pagamento de taxas dende o ordenador, a descarga da carta de saneamento e outros documentos de interese para os gandeiros. Así mesmo, no programa destaca a parte práctica posto que se destinará a maior carga lectiva ao manexo práctico da Oficina Virtual de Gandaría e da Sede electrónica.


Para máis información, as persoas interesadas poden consultar a páxina web da Oficina virtual do medio rural, onde poden descargar o formulario de inscrición que deberá ser enviado ao correo oac.svo.lugo@xunta.gal. Poden obter máis información no teléfono 636 978 586.

Comments


bottom of page