Curso de atención a persoas dependentes en Cerceda
- Crónicas da comarca
- 28 sept 2022
- 1 Min. de lectura

O Concello de Cerceda anunciou a próxima realización dun Curso Teórico-Práctico de Atención a Persoas Dependentes que se desenvolverá de outubro a novembro. As sesións serán os martes e xoves de 16h a 19h. As clases prácticas impartiranse no Viveiro de Empresas do Polígono do Acevedo, mentres que as partes teóricas serán no domicilio.
O curso dará comezo o 18 de outubro. Pode facerse a inscrición chamando ao 981 68 60 68 (Servizos Sociais de Cerceda).
Comments