Cursos de informática para nenos en Cerceda
- Crónicas da comarca
- 27 sept 2021
- 1 Min. de lectura

O mércores 29 comeza o prazo para anotarse nos cursos de informática para nenos do concello de Cerceda. As inscricións poderán facerse a partir das 9h dese día de maneira telemática cubrindo o seguinte formulario.
As prazas cubriranse por orde de inscrición.Están dispoñibles as seguintes:
- Curso 1°/2° Primaria / Martes / 16:15-17:15 (6 prazas). - Curso 3°/4° Primaria / Luns / 16:15-17:15 (6 prazas). - Curso 5°/6° Primaria / Xoves / 16:15-17:15 (3 prazas).
Os cursos impartiranse na Aula CeMIT do Centro Cívico de Cerceda.
Comments