Dende as asociacións veciñais de Meirama, Veciños polo rural e Encrobas viva anuncian a organización dun debate cos tres partidos políticos que concorren ás eleccións municipais de Cerceda o vindeiro día 28. A cita será o próximo mércores 10 de maio ás 20h00 no Auditorio Municipal de Cerceda.
Con esta convocatoria, os veciños queren pór sobre a mesa as propostas de cada partido sobre os proxectos que poden instalarse no concello, caso de cinco parques eólicos con cadansúa liña de evacuación, unha planta de hidróxeno e outra de tratamento de purín ou a central hidroeléctrica reversible e ampliación de SOGAMA. Sosteñen que estes proxectos industriais combinan o grande impacto económico con outro "medioambiental" e sobre a "calidade das augas".
Sobre todos estes proxectos xirarán as preguntas que os representantes das asociacións convocantes trasladarán ós representantes políticos.
Comments