A Policía Local de Ordes deu aviso este mediodía da localización, san e salvo, do veciño de Ordes desaparecido.
Durante a mañá avisara da desaparición dun veciño do lugar de Castenda, na parroquia de Parada. Trátase de Gonzalo Pampín Castiñeiras, de 40 anos. O desaparecido conducía un Opel Corsa de cor negra e matrícula 6733GTP.
A Policía facilitou os seguintes números para quen coñecese o seu paradoiro: 112 (Emerxencias), 062 (Garda Civil) ou 676 97 55 33 (Policía Local de Ordes). O Concello pregou a difusión da fotografía do desaparecido a fin de axudar á súa localización.
Comments