Dúas persoas foron detidas en Bergondo pola súa vinculación a furtos en gasolineiras de Ordes, segundo anunciou a Garda Civil. A parella detida estaba especializada neste tipo de furtos e acumulaban múltiplos antecedentes por feitos semellantes.
Para levar a cabo o delito, a muller ingresaba na tenda para facerse coa recadación mentres o seu compañeiro repostaba, distraendo os empregados de varias maneiras. A Garda Civil identificounos grazas ás cámaras de seguridade.
Ningunha das persoas detidas consta de domicilio coñecido, o que dificultou a súa localización. Ambas as dúas teñen requisitorias xudiciais pendentes e en vigor en varios xulgados españois. Chegaran a roubar 3.000 euros en efectivo, recuperándose 300 na detención. Os detidos foron postos ao dispor do Xulgado de Instrución Nº1 de Ordes.
Comments