
A Garda Civil detivo un home como presunto autor de dous delitos de furto en establecementos comerciais de Mesía e Oroso. O detido teríase apoderado de cartos das caixas rexistradoras aproveitando descoidos do persoal. Os roubos producíronse entre abril e maio.
O primeiro dos furtos foi nun local de Mesía onde levou 2.350 €. O segundo, nunha empresa de construción de Oroso de onde levou 300 euros. Todos os furtos seguiron o mesmo método: entraba no local sen chamar a atención e finxindo ser un cliente. Aproveitaba momentos en que non había ninguén na caixa para coller o diñeiro. A Garda Civil identificouno polas cámaras de seguridade.
O detido conta con numerosos antecedentes policiais por feitos similares e actualmente cumpre condena de terceiro grao nun Centro de Inserción Social na Coruña.
Σχόλια