Un veciño de Tordoia foi detido na mesma localidade como presunto autor de tres rouboz con forza, catro furtos de uso de vehículos, unha defraudación de fluído eléctrico e tenencia ilícita de armas. A Garda Civil comezara a investigalo polo roubo con forza en dúas farmacias, en Cerceda e Tordoia.
Dende o corpo policial aseguran que o detido forzou as portas destes establecementos para apropiarse de cartos en efectivo. Utilizaba nestes delitos un furgón roubado en Carballo. O vehículo foi atopado preto da súa vivenda. Os efectivos da Garda Civil comprobaron que se trataba dun vehículo roubado e solicitaron no Xulgado de Instrución nº1 de Ordes un rexistro domiciliario.
Durante a detención, os axentes descubriron que a instalación eléctrica da vivenda estaba fraudulentamente ligado á rede. Recuperaron dous vehículos roubados, unha arma curta de fogo, unha ganzúa artesá e outros obxectos roubados. O detido foi posto a disposición xudicial no Xulgado de Instrución nº 1 de Ordes.
Commentaires