top of page

Dezaseis mulleres fórmanse en Cerceda no programa Muller Dixital



O Viveiro de Empresas-Aula de Informática de Cerceda acolle unha formación do programa Muller Dixital con 16 alumnas ata o vindeiro 12 de decembro. Trátase dunha formación en competencias dixitais para mulleres que procuran mellorar o seu emprego ou se atopan en desemprego. "Unha formación con unha boa acollida de inscricións, e que agardamos que sexa de proveito para todas as mulleres asistentes", aseguran dende o Concello.

Comentários


bottom of page