Dispoñibles xa as entradas para o concerto de Leilía en Trazo
- Crónicas da comarca
- 2 sept 2021
- 1 Min. de lectura

A partir de mañá venres día 3 xa se poden recoller na Casa do Concello de Trazo as entradas para asistir ao concerto de Leilía previsto para o dìa 11 de setembro na Carballeira de Chaián. Dende o Concello animan a non perder "esta oportunidade única para emocionarnos coas voces destas 6 mulleres referentes na música tradicional".
Debido á situación de pandemia e ao protocolo COVID, o aforo será limitado. As entradas poden recollerse de balde entre as 10h e as 14h, de luns a venres.
Comments