No Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Tenis de Mesa, que se celebrou a principios de setembro en Zaragoza os galegos rozaron a excelencia. Á Seleccion Galega, da que formaban parte Uxio Pampin en xuvenil e Sasha Malov en benjamin, ambos da canteira do OrosoTM, faltoulle moi pouco para dar a sorpresa e arrebatarlle á favorita Andalucia o primeiro posto. Aínda así, podemos cualificar de excelente a actuación do combinado galego que foi a autonomía que máis finais disputou, cun total de 4.
Nunha delas, máis concretamente na benjamin, brillou o orosino Sasha Malov, que chegaba á mesma sen ceder nin un só set en toda a competición e continuaba a tónica ante Javier Galán de Andalucia ao que lograba impoñerse por 3-0 e levar o ouro na proba.
Pola súa banda Uxio Pampin, finalizaba 5 na proba xuvenil, resultado que podemos cualificar de excelente se temos en conta que era dos xogadores máis novos da proba e que aínda lle restan 2 tempadas máis para mellorar a súa posición.
Comments