O Atletica A Silva-Ordes rexistrou un bo resultado no Campionato de España Máster en pista cuberta que se celebrou recentemente en Ourense. Durante a proba acadou 11 medallas e dous récords galegos.
Basi Bernárdez acadou dous ouros en Lonxitude e Triple M45. Pola súa banda, Beto Vázquez foi prata en Triple e bronce en Lonxitude M55. Ana Abuín conseguiu medalla de prata en Peso e de bronce en 60 lisos F60.
Ángeles Rodríguez levou dúas medallas de bronce, en Peso e 800 m F60. Juan Bello acadou o ouro en Pértiga M50 e rompeu un récord galego. En Pértiga M45, Pepe Domínguez acadou prata.
Prata tamén para o equipo de relevos 4x200 M45 formado por Pepe Domínguez, Juan Bello, Darío Costas e Basi Bernárdez. Pola súa banda, o equipo de relevos MIXTO-55 de 4x200m rompeu un récord galego. Estivo integrado por Beto Vázquez, Ana Abuín, Ángeles Rodríguez e Eduardo González.
Comments