Douscentos veciños participan nas I Xornadas da Saúde de Oroso
- Crónicas da comarca
- 6 feb 2023
- 1 Min. de lectura
O Concello de Oroso considera un "gran éxito" as I Xornadas da Saúde de Oroso, ás que acudiron máis de 200 veciñas e veciños para realizar as catro probas médicas programadas: medición da tensión arterial, niveis de glucosa en sangue, niveis de colesterol e electrocardiograma.

O alcalde, Luis Rey Villaverde, cualificou como "moi satisfactoria" a colaboración con TodoSaúde Clínica Integral para o desenvolvemento desta primeira edición das xornadas e resaltou que "a mellor proba de que é unha iniciativa que lle interesa á veciñanza foi o elevado número de participantes". Ao respecto, adiantou que nos vindeiros días comunicarase unha nova convocatoria para a realización dalgunha das probas, debido a que a gran afluencia nalgúns horarios provocou que quedaran veciños/as sen atender. "O obxectivo é que ningunha das persoas que se preocupa pola súa saúde e que acudiu nos horarios establecidos quede sen realizar ditas probas", asegurou.
Commentaires