O alcalde de Oroso, Luis Rey Villaverde, foi o encargado de impoñer a Insignia de Ouro do concello á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Oroso.
Ao acto celebrado na Alameda de Góis do concello asistiron, entre outras autoridades, a subdelegada do goberno na Coruña, María Rivas; o director xeral de Emerxencias e Interior da Xunta da Galicia, Santiago Villanueva; o deputado de Promoción Económica e Asistencia a Municipios da Deputación da Coruña e alcalde de Ames, Blas García, e o alcalde e Brión, Pablo Lago.
“Estou emocionado e orgulloso; as persoas que hoxe homenaxeamos estiveron na primeira liña nunha situación moi complicada e con moitos medos e dúbidas na sociedade, pero en ningún momento deixaron de cumprir, polo que estaremos sempre en débeda con eles”, asegurou o alcalde, Luis Rey Villaverde.
Manuel Mirás, ex alcalde e actual presidente de Protección Civil de Oroso, non puido asistir tras dar positivo por Covid. No acto realizouse ademais unha sentida homenaxe a Pedro Suárez, unha das persoas máis activas nos primeiros anos da agrupación.
コメント