top of page

Empresas e autónomos de Cerceda aprenderán a aforrar en electricidade


O Concello de Cerceda, en colaboración coa Cámara de Comercio da Coruña e coa FAEPAC (Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña), organiza unhas xornadas para empresas e persoas autónomas arredor das novas tarifas eléctricas e as chaves para un maior aforro.


A xornada terá lugar o mércores 29 entre as 20 e as 22 horas no Viveiro Industrial de Empresas do Concello, situado na Rúa Innovación do Polígono Industrial do Acevedo. Destínase a persoas autónomas e empresas do municipio.


A formación será impartida por Xosé Manuel Golpe Acuña (técnico especialista en ERRR da FAEPAC e por David Castro Ramírez (supervisor técnico en UDESA). O primeiro falará sobre o novo sistema, explicando os cambios, a estrutura de acceso e a reprecusión final para empresas e usuarios, facendo fincapé nas opcións de aforro baseadas no autoconsumo. O segundo, explicará as chaves para un maior aforro enerxético para empresas e autónomos, explicando como interpretar correctamente a factura eléctrica, como facer un seguimento e control do consumo, e a revisión e mantemento das instalacións.

Debido ás restricións vixentes derivadas da Covid 19 o aforo é limitado, e a asistencia debe confirmarse antes das 21h do día 28 ao correo viecerceda@gmail.com ou chamando ao 881 98 15 53.

Comentários


bottom of page