O candidato á Secretaría Xeral do PSdeG-PSOE e presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso mantivo un encontro este sábado coa militancia socialista de Oroso, Ames, Boiro e Noia, onde reivindicou un PSdeG “forte e unido, que non renuncie a gobernar en Galicia”.
“Os compañeiros e compañeiras comparten que o PSdeG ten que ser unha forza que ilusione á militancia, que estea ao carón da xente e, como fixo noutros tempos, volva a ter criterio sobre asuntos de país e non se limite a sinalar problemas senón tamén a aportar solucións. É dicir, facendo un socialismo útil para a sociedade porque esa é a nosa forma de ser e a nosa forma de gobernar”, afirmou.
Comments