top of page

'Entroido na casiña' en Frades



Ante a imposibilidade de organizar este ano o tradicional concurso de disfraces, o Concello de Frades decidiu trasladalo ás vivendas particulares e restrinxir a participación a persoas empadroadas ou residentes no municipio. Para poder participar no “Entroido na casiña” será preciso encher unha ficha de inscrición (que se pode descargar na web municipal: www.frades.gal) e enviar unha fotografía da persoa co disfrace a biblioteca.municipal@frades.gal antes das 14:00 horas do 18 de febreiro.


“Entroido na casiña” repartirá 435 euros en premios, distribuídos en tres categorías: individual infantil, individual adulto e grupo. Nas categorías individuais haberá dous premios de 60 e 30 euros, respectivamente. As persoas de ata 14 anos tomarán parte na categoría infantil, mentres que as de 15 ou máis anos farán o propio na de persoas adultas. Na categoría grupo poderán participar dous ou máis compoñentes da mesma unidade familiar, que se repartirán tres premios de 150, 75 e 30 euros.

コメント


bottom of page