Espazo Común Tordoia prepara un contencioso administrativo
- Crónicas da comarca
- 14 jun 2021
- 1 Min. de lectura

O concelleiro de Espazo Común Tordoia, Carlos García, anunciou onte que presentará un contencioso administrativo "contra o alcalde e demais responsables, ao negarse a contestar o alcalde as preguntas presentadas por escrito en pleno" e tamén "a entregar a documentación solicitada por rexistro".
García sinala que no pleno celebrado o pasado 4 de xuño fixo unha serie de preguntas referente a uns traballos de soterramento de uralita e restos de formigón realizados por empregados municipais na leira da casa reitoral de Bardaos. Asegura que "o alcalde faltou á verdade na declaración xurada ante o Seprona".
Tamén solicitará que se entregue os expedientes completos das obras certificadas, ao apreciar que "se vulnera claramente a lei de contratos e as certificacións non se corresponden cos traballos realizados".
Comments