top of page

Estafado un veciño de Frades cunha oferta falsa de investimento



A Garda Civil informou onte da desarticulación dun grupo criminal especializado en estafas por internet. Atópanse investigadas por esta causa tres persoas, veciñas de Jerez de la Frontera (Cádiz), Valencia e Segovia. A investigación arrincou tras a denuncia dun veciño de Frades nas dependencias do corpo policial en Sigüeiro o pasado maio. O afectado sinalou que unha traballadora dunha suposta empresta de investimento contactara con el para lle ofrecer a posibilidade de investir en criptomoedas con alta rendabilidade.


Este veciño transferiu unha pequena cantidade económica para comprobar a rendabilidade. Posteriormente, e ante as supostas gañancias que lle comunicaron, realizou outras catro sumando 44.355 euros de investimento. Cando quixo que lle ingresasen o total do conseguido, dende a suposta empresa déronlle escusas. Algún tempo despois contactaron con el de novo, sinalándolle que gañara 172.000 euros pero debía ingresar outros 10.000 para liquidar impostos epoder acceder a eles. A vítima realizou esta nova transferencia e non volveu ter noticias da suposta empresa, momento en que decidiu facer a denuncia.


Este modus operando coñécese como a estafa do investimento. Ofréceselle á vítima a posibilidade de investir con alta rendabilidade, pero méteselle presión coa idea de que ten que investir canto antes para poder beneficiarse da oportunidade, ao ser esta efémera.


Os tres presuntos autores da estafa están a ser investigados por estafa e pertenza a grupo criminal.



コメント


bottom of page