
O Concello de Trazo alertou hoxe de que aproximadamente ás 11 desta mañá -3 de decembro- foron vistos dous homes nunha furgoneta branca na Baixa de Trazo, facéndose pasar por técnicos da empresa Calvo de Ordes, querendo acceder ás casas para supostamente cambiar as gomas das bombonas de butano. Trátase de estafadores que non teñen nada que ver coa dita empresa.
O Concello pide á veciñanza que permaneza alerta e non os deixen acceder aos seus fogares, que avisen á Garda Civil e intenten recordar cantos detalles lles sexan posibles para poder identificalos (matrícula, complexión, altura, cor de pelo, roupa, etc).
Comments