top of page

Estafas telefónicas en Cerceda



O Concello de Cerceda denunciou a semana pasada que está a producirse unha serie de chamadas telefónicas feitas en nome do Concello aos veciños e ás veciñas. Nestas chamadas, identifícanse co nome dunha traballadora do Concello, e posteriormente fan unha serie de preguntas persoais sobre saúde, normativa da covid-19 e outros asuntos. Finalmente ofrecen un desinfectante a cambio dun importe, ofrecéndose a levalo á propia casa. O Concello sinala que se trata dunha estafa.


Dende o Concello piden que calquera persoa que reciba unha chamada deste tipo non aporte ningún dato persoal, e que o poña en coñecemento da Policía Local ou da Garda Civil. Policia Local: 608 58 69 40

Comments


bottom of page