top of page

Excelente mes de xuño para o Atlética A Silva-Ordes



Os atletas do club Atlética A Silva-Ordes amosaron un excelente nivel nas competicións desputadas durante o mes de xuño. Os másters do club desprazáronse a Málaga para o Campionato de España, onde Basi Bernárdez conseguiu unha medalla de ouro en lonxitude e outra en triple. Pola súa banda, Ana María Abuín subiu ao máis alto do podio tres veces para proclamarse campiona de España en peso, martelo e martelo pesado. Alberto Vázquez, pola súa banda, proclamouse subcampeón en triple e María Ángeles Rodríguez acadou tres bronces en peso, martelo e martelo pesado.


No Campionato Galego S20 de Pontevedra, Paula Mosquera del Río conseguiu proclamarse campiona galega en lanzamento de disco. En Vigo, na categoría S14, o club conseguiu dúas medallas de ouro, con María Estévez (1000 metros obstáculos) e Lara Liste (lonxitude). Paula Fernández conseguiu a medalla de prata en 80 metros. Catro bronces foron para Antón Raña (pértiga), Antía Calviño (altura), Icía Ares (xavelina) e Carla Santos (2000 metros marcha).


E, no Campionato Galego S12 en Noia, Alma Bello conseguiu o ouro en 60 metros e lonxitude, mentres Sara Vázquez conseguía a medalla de prata en lanzamento de pelota.




Kommentarer


bottom of page