top of page

Excursión a Portugal de 55 veciños e veciñas de Frades


Un grupo de 55 veciños e veciñas de Frades participou esta fin de semana nunha excursión a Portugal, organizada polo Concello de Frades e que contou coa colaboración de Vagalume Ocio e Tempo Libre. Unha viaxe na que estiveron acompañados polo alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, así como polos concelleiros de Cultura, Carlos Portos, e Maiores, Jesús Francos.

A expedición saíu este sábado, ás 8:00 horas, e dividiuse en dous grupos. Vinte deles fixeron unha ruta en caiac polo Cuquedo: un descenso de 7 km que iniciaron na ribeira de Caldelas de Tui ata chegar á praia das Areeiras, dende onde desfrutaron dunha panorámica da Fortaleza e Valença do Minho, lugares que estaban sendo visitados neses intres polos 35 participantes restantes na excursión, que desfrutaron dunha mañá de compras.

Despois do xantar, as persoas que participaron nesta viaxe desfrutaron dunha visita libre a Vilanova de Cerveira, a súa feira e o parque de lecer do Castelinho. Esta viaxe pecha a programación de verán do Concello de Frades que, a pesar da pandemia, puido celebrarse case na súa totalidade, salvo excepcións como o Día da Bicicleta ou o campionato de Pádel. O alcalde, Roberto Rey, amósase moi satisfeito polo bo facer dos participantes nas distintas actividades “respectando sempre as normas de seguridade anti-covid”.



Comments


bottom of page