Familia Caamagno, Premio Martín Códax de rock
- Crónicas da comarca
- 7 oct 2022
- 1 Min. de lectura

O grupo orosán Familia Caamagno foi recoñecido este mércores co Premio Martín Códax da Música, na categoría de rock, durante a gala celebrada no Pazo da Cultura de Pontevedra. Dende o grupo amosaron a súa satisfacción e declararon que o premio "chega nun momento inmellorable", despois das restricións motivadas pola pandemia, con catro sinxelos estreados e dúas semanas antes de que saia o seu LP completo, que se estreará na Sala Capitol de Santiago.
"Comezamos esta movida hai 11 anos e fomos sachando e sachando, sen ter nin idea de nada que non tivese que ver con quedar despois do traballo de 9 da noite a 1 da magná para facer barullo", declararon en ton distendido nas súas redes sociais. Aseguran que seguen a ser "os mesmos cinco que montamos esta historia".
O Concello de Oroso parabenizounos e considerou que este premio "é un verdadeiro orgullo para a veciñanza de Oroso".
Comments