top of page

Familias do CEIP Plurilingüe de Sigüeiro a favor da retirada do E-Dixgal


Un grupo de nais do CEIP Plurilingüe de Sigüeiro promoven a recollida de sinaturas entre as familias do centro para deixar constancia da existencia dunha preocupación real polo uso do libro dixital E-Dixgal
Un grupo de nais do CEIP Plurilingüe de Sigüeiro promoven a recollida de sinaturas entre as familias do centro para deixar constancia da existencia dunha preocupación real polo uso do libro dixital E-Dixgal

Deste xeito as familias do CEIP Plurilingüe de Sigüeiro súmanse a outros moitos centros de toda Galicia ao comprobar que o E-dixgal é unha ferramenta de escaso valor educativo, que non só, non acadou os obxectivos pretendidos en canto a compentencias dixitais, senón que ademáis, está producindo consecuencias negativas no alumnado.

O CEIP Plurilingüe de Sigüeiro está adherido ao programa do libro dixital, E-Dixgal nos cursos de 5º e 6º de primaria, dende o ano 2017, o que supón, a grandes rasgos, que neses cursos se substitúen os libros en papel polo uso do ordenador.

Porén, despois de anos implantado, estase advertindo que este sistema, ademais de non conseguir mellorar as competencias dixitais do alumnado, está supoñendo outras consecuencias negativas, tanto a nivel académico, como de saúde: máis horas de exposición ás pantallas, redución da comprensión escrita e lectora, aumento da distracción, diminución da interacción social, problemas relacionados coa visión e co sono, trastornos de atención, así como dificultades cognitivas graves.

A decisión da retirada do programa é competencia do centro, máis concretamente do Claustro de profesores e do Consello Escolar, onde a representación das familias é mínima.

Por elo, e considerando importante que as familias que, son as máximas interesadas na educación dos seus fill@s e que son as que sofren as consecuencias directas deste programa se puideran pronunciar ao respecto, un grupo de nais decidiron levar a cabo unha recollida de sinaturas para comprobar o sentir das familias do centro.

O que se está plantexando non é unha cuestión contra o á dirección do centro, nin contra o seu profesorado; senón contra un programa da Xunta de Galicia do que se está advertindo, que non só non está acadando os obxectivos pretendidos, senón que está producindo consecuencias negativas.

Sen ir mais alá, a finais do curso pasado, máis dunha vintena de centros decidiron saírse do programa. As críticas aludían a asuntos como o abuso cotián das pantallas, a diminución nas habilidades de lectura e escritura ou a falta de formación dos docentes.

Incluso nos últimos días o propio Conselleiro de Educación, nunha reunión mantida co Consello Escolar de Galicia, recoñeceu que o programa debe ser revisado, á vista das múltiples críticas que se están recibindo, tanto dende as familias como dende o propio profesorado.

Asimesmo, vense de publicar a enquisa levada a cabo por ANPAS GALEGAS na que se concluíu que as familias perciben E-dixgal como unha ferramenta de escaso valor educativo, e reclaman un cambio profundo na forma de traballar as competencias dixitais na escolas.

As sinaturas recollidas foron entregadas no propio centro o pasado luns. Finalmente conseguiron reunirse 202 firmas.

A destacar que máis de 60 son de pais e nais que teñen alumnado en 4º de primaria, que precisamente son os próximos en usar este sistema, o que dá conta de que existe unha preocupación real polo uso do E-dixgal.

Por elo, as familias implicadas esperan que dende o centro se atenda ás súas demandas e consideren a retirada do programa E-dixgal, ou en último caso, un cambio na forma de traballar as competencias dixitais, pois en definitiva, está en xogo o benestar dos menores.

 

コメント


bottom of page