O Concello de Frades organiza unha Festa de Entroido, que terá lugar o domingo 27 de febreiro no pavillón polideportivo de Ponte Carreira a partir das 17:00 horas. Esta Festa de Entroido substitúe ao tradicional Concurso de Disfraces, que este ano non terá lugar como medida preventiva diante da actual situación sanitaria.
O concurso será substituído por unha festa con animación, inchables, fotomatón, obradoiros, mascotas, palomiteiro, chocolatada e moitas sorpresas. Ás 18:00 horas terá lugar un desfile de disfraces, no que se repartirán agasallos para todas as persoas que acudan disfrazadas. Para participar só é preciso reservar praza no Concello de Frades (981 695 567) antes do 25 de febreiro. Será obrigatorio usar máscara durante a festa.
Comentarios