top of page

Fin de semana de éxitos para a Atlética A Silva - Ordes


O pasado sabado 4 de Febreiro desputouse en Ourense o Campeonato das categorias Sub 10-12-14, onde a Atlética A Silva-Ordes contou con tres atletas con marca mínima. Un total de 3 medallas que se suman ao medalleiro deste 2023.


Alma Bello(Sub10) proclamouse campioa de salto de lonxitude e un tercer posto en 60ml. Julia Almudí (Sub10) acadou a terceira posición en salto de lonxitude. Alvaro Patiño (Sub 14) obtiña a 16º posición no 1.000 ml.


Este mesmo día. En Pontevedra,Gloria Pena,volveu as competicións atléticas cambiando de

disciplina. A velocista logrou unha rápida adaptación a xavelina para alcanzar a quinta posición nun campeonato Galego absoluto no que daba o salto. Tempos de cambio cun esperanzador resultado.

Por outra banda, o domingo 5 tivo lugar en Santiago o Campionato Galego de Marcha en Ruta. Icía Ares acadou o bronce. Esta atleta concorre na categoría sub16 e adestra con Mayka Jueguena. O club parabenízaa pola súa prometedora traxectoria e recoñece o esforzo e dedicación da adestradora. Despois deste bronce cabe a posibilidade de que Ares asista coa selección galega ao campionato de España.

Os máster do club volveron competir, nesta o ocasión no campeonato de pista cuberta de Ourense, obtendo 14 medallas: 10 ouros, 3 pratas e 1 bronce. O equipo non participou ao completo. Dende a Atlética, os que participaron lograron deixar o clube ben arriba. Cabe destacar a Ángeles Rodriguez, Isabel Bermúdez e Basi Bernárdez,que fixeron dobrete de campions.


Comments


bottom of page