top of page

Fin de semana de éxitos para o Atlética A Silva-Ordes




O pasado sábado 4 de Marzo tivo lugar en Vigo o Campionato das categorias Sub onde a Atlética A Silva-Ordes contou con oito atletas con marca mínima. Un total de 6 medallas que se suman ao medalleiro deste 2023.


Alex Rey proclamouse subcampión de xavelina mellorando as sua mellor marca persoal en 5 metros, e tamén logrou un bronce en martelo sub18. Raúl Gude lograba a súa primeira medalla autonómica, unha prata ao lanzar o martelo a máis de 40 metros de distancia sub18. Lara Liste obtiña un bronce en xavelina sub16 elevando a súa mellor marca 4 metros. Gloria Pena lograba o seu primer bronce sub20 como lanzadora de xavelina logo de pasarse de modalidade. Nacho Sposito, que sempre sube ao podio dende que

era nada máis que un benxamín, logrou un bronce en disco sub18.


Medallas de chocolate para Antía Calvo en xavelina sub16 con mellor marca persoal e para Andrea Orjales en martelo sub18. Alba García logrou unha quinta praza en martelo sub16.


Resultados dos atletas nos campionatos de España

Por Antequera e Sabadell andiveron esta fin e semana os atletas do clube na procura de mellores marcas e loitar polas medallas nacionais. María Aguiar lograba unha 9º praza no que foi a súa primeira participación nun nacional Sub20 na modalidade de Altura. Basilio en Antequera lograba dobrete de ouro en Triple e Lonxitude Máster45, atleta que parece incombustible.

Comments


bottom of page