O pasado sábado disputouse o campionato absoluto de probas combinadas onde as atletas de Atlética A Silva-Ordes acadaron a prata. O clube anotou un récord con 9.101 puntos. Deste modo, Marta Lázara (do filial E.A. Clube Escola Atletismo Deza), Noa Rey e Antía Calvo fixéronse coa prata por tras da Gimnástica de Pontevedra.
Marta Lázara anotou 3.397 puntos, acadando a segunda posición sub18 a tan só tres puntos da mínima B. Noa Rey sumou 3.265, foi terceira sub18 e gañou o 800 Absouto. Pola súa banda, Antía Calvo acadou 2.439 puntos, MMP e 5ª sub16, conseguindo gañar a xavelina sub16.
Atlética A Silva-Ordes non se perdeu a carreira de Frades, onde Ángeles Rodríguez se fixo co ouro, e Alvaro Patiño, coa prata. Tamén participaron Antía Calvo, Vera García e Carla Santos, nas súas respectivas categorías e desenvolvendo un gran papel.
Comments