top of page

Frades achega 600 euros aofuncionamento das tres casas niño e ás dúascasas do maior operativas no municipio

ree

O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, vén de asinar os

convenios de colaboración coas emprendedoras promotoras das tres Casas Niño e

as dúas Casas do Maior operativas nestes momentos no municipio. Uns acordos

polos que o Concello achegará 600 euros a cada entidade para colaborar con

calquera elemento relacionado co servizo: mobiliario, xogos, etc.

Frades conta na actualidade con tres Casas Niño: Garatuxa (Vitre), Axóuxere

(Galegos) e Xoaniña (Abellá); e dúas Casas do Maior: O Noso Fogar (Galegos) e

Sorrisos (Abellá).

Comentarios


bottom of page