top of page

Frades apraza a Festa dos Nosos Maiores


ree
Edición de 2019

A situación COVID-19 levou ao Concello de Frades a acordar o aprazamento da Festa dos Nosos Maiores 2021, que ía celebrarse o próximo 29 de maio. O Concello lembra que a normativa impide de momento as xuntanzas de grandes grupos de persoas. Non se desbota que a festa se celebre máis adiante este mesmo ano, se a situación o perfmite.


A Festa dos Nosos Maiores é unha homenaxe que o Concello de Frades fai anualmente, por fins do mes de maio, á veciñanza maior de 65 anos. Na última edición ata agora, en 2019, reuniu a máis de 550 persoas na carballeira de San Nicolao. Celébrase dende o ano 1998 e só deixou de facelo coa pandemia.


Dende o Concello de Frades faise un chamamento á veciñanza para que continúe cumprindo con todas as normas sanitarias que trasladan as administracións competentes e lembra que, pesa a que gran parte da poboación xa está vacinada, o virus continúa presente. Así mesmo, o Concello agradece o bo comportamento dos veciños e veciñas do municipio, "o que permite que levemos varias semanas sen que aparezan novos casos positivos".

Comentarios

No se pudieron cargar los comentarios
Parece que hubo un problema técnico. Intenta volver a conectarte o actualiza la página.
bottom of page