top of page

Frades cancela parte da programación de Nadal



O Concello de Frades anunciou onte a cancelación de actividades por mor da COVID-19, o que inclúe boa parte da programación das festas. Debido á actual situación sanitaria e o aumento de casos no concello (18 en dúas semanas), quedan canceladas a actividade de pilates e ximnasia de adult@s (ata despois de Reis), a Festa de Nadal do xoves 30, a Andaina Solidaria a favor de ASOTRAME (do venres 31) e a excursión a Patinaxe sobre xeo e o parque de saltos NovaJump do martes 4 de xaneiro.


A actuación "Enmaxiarte" do mago Dani Polo é a única que permanece sen cambios o poder realizarse cos participantes sentados e con distancias no pavillón municipal de Ponte Carreira.


A Cabalgata de Reis faráse de forma estática como estaba xa prevista. O Concello irá informando das horas e lugares en redes sociais, e lamenta as molestias que estes cambios puideran causar. Piden igualmente prudencia nesta situación.

Comments


bottom of page