top of page

Frades celebra un Festival Folclórico o domingo 12


O Concello de Frades organiza o vindeiro domingo, 12 de setembro, un Festival Folclórico e mercado na praza pública de Ponte Carreira. Pola mañá, haberá un mercado tradicional cun pasarrúas a cargo dos gaiteiros Os Viqueiras de Ordes (dende as 11h).


Á tarde, a partir das 17h, tocará a actuación infantil e familiar dos Monifates co seu espectáculo 'Os Monifates no Camiño". A continuación haberá música folk con Embruxo Gaiteiros, Sarillo de Aiazo e Bouba Pandeireteiras.


Ante as limitacións de aforo será necesario anotarse no Concello ou chamando ao 981 695 567.


No evento colaboran Gadis, a Deputación da Coruña, Xacobeo 21 e mais a Xunta de Galicia.




Commentaires


bottom of page