Frades celebrou o XV Día do Neno
- Crónicas da comarca
- 3 ago 2023
- 1 Min. de lectura

Frades celebrou o XV Día do Neno xuntando 200 nenas e nenos e as súas familias na piscina municipal de Papucín. O tempo non acompañou, o que reduciu algo a asistencia fronte a outros anos. O Concello mantivo os grandes atractivos doutros anos, como os inchables na piscina e fóra dela, o tren turístico e os xogos populares. A maiores, este ano incorporaron unha nova atracción, a varredora.

Os cativos e as cativas tiveron unha gran merenda, na que houbo granizados e lambonadas. Despois asistiron a unha actuación musical “cirkote” de Kote Malabar. Un espectáculo compartido por toda a familia, especialmente polos nenos e nenas que divertíronse moito coa actividade humorística, que contou con malabares e unha función de “clown”.

Comments