Frades destina 30.000 euros a axudas a entidades sen ánimo de lucro
- Crónicas da comarca
- 25 may 2021
- 1 Min. de lectura

O Concello de Frades anunciou hoxe a convocatoria de axudas económicas a entidades culturais, deportivas e asociacións de veciños. As axudas inclúen tamén a calquera outra entidade de interese social que fomente a participación cidadá na vida municipal.
As entidades interesadas deben presentar a solicitude por rexistro antes do 24 de xuño. As bases pódense descargar na web municipal.
As axudas, que contan cunha partida económica de 30.255 euros, están dirixidas a asociacións con ou sen personalidade xurídica, sempre que carezan de fin de lucro, estean inscritas no Rexistro de Entidades ou Agrupacións do Concello de Frades, desenvolvan as súas actividades no termo municipal de Frades, estean ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias co Concello e non teñan pendente de xustificar ningunha subvención anterior concedida polo Concello de Frades.
Comments