top of page

Frades detectou 70 casos de COVID-19 en dúas semanas



O Concello de Frades sinalou hoxe que nas dúas últimas semanas foron detectados 70 casos de COVID-19 no municipio, con 46 deles concentrados na última semana. A incidencia a 7 días sitúase por riba dos 250 casos por cada 100.000 habitantes e a 14 por riba dos 500. Todos os casos están en illamento domiciliario e dende o Concello deséxanlles unha pronta recuperación, así como pregan precaución a toda a veciñanza.


Commentaires


bottom of page