top of page

Frades, Ordes e Mesía promoven o obradoiro de emprego dual: “Brañas do Illó -Río Samo V”

Actualizado: 23 ago 2022



A Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia concedeu un novo obradoiro que será promovido polos Concellos de Frades, Ordes e Mesía. A iniciativa recibe o nome de “Brañas do Illó – Río Samo V” e terá unha duración de 12 meses con opción a contrato de tres meses nunha empresa do sector forestal ao finalizar. As especialidades do obradoiro son: actividades auxiliares en conservación e mellora de montes (nivel 1) e repoboacións forestais e tratamentos silvícolas (nivel 2).


As persoas interesadas en participar na comunidade educativa docente do obradoiro, deberán estar inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia para ditas ofertas ou postularse a través do portal de emprego da Xunta de Galicia sendo o día límite o 13 de agosto de 2022.


Para formar parte do alumnado, deberán estar inscritos no Servizo Público de emprego de Galicia e solicitar participar no obradoiro de emprego dual na oficina de emprego de Ordes (cita previa) antes do xoves 1 de setembro.


Pódese pedir cita previa chamando ao 012 ou calquera teléfono da oficina de emprego de Ordes(881 960 455/456/458). Tamén a través da web ou da aplicación MOBEM.



Comments


bottom of page