top of page

Frades organiza un Mercado de Artesanía


O Concello de Frades organiza un mercado de artesanía e chama á veciñanza a apostar polo comercio local. Salientan que "neste mercado atoparás productos da comarca e feitos a man con moito cariño" e os "agasallos máis orixinais". Haberá xogos tradicionais e obradoiros de Nadal para a rapazada de 15:30h a 19:30h. Ademais, sortearase unha cesta de productos ecolóxicos entre todas as persoas que compren nos postos do mercado de artesanía.


O mercado celebrase o día 12 entre as 10h e as 20h na praza de Ponte Carreira.

コメント


bottom of page