Frades pon punto final ao Campamento de Verán cunha festa mexicana
- Crónicas da comarca
- 5 sept 2022
- 1 Min. de lectura

O pasado venres 2 de Setembro chegou á súa fin o campamento de verán 2022 do Concello de Frades e fíxoo por todo o alto cunha gran festa ao estilo mexicano. Máis de cincuenta nenas e nenos participaron nas distintas quendas organizadas durante os meses de xuño, de xullo e agosto nas que se realizaron multitude de actividades e xogos, incluíndo saídas a piscina.

Na clausura, na que non faltou o reparto de lambonadas participaron ademais dos monitores da empresa Vagalume os concelleiros de cultura e ensino, J.Carlos Portos e Manuel Ferreiro.

Dende o Concello amosan o seu agradecemento a todas as nenas e nenos que participaron polo seu bo comportamento, ás e aos monitores e ao CPI Ponte Carreira por permitir a utlización das súas instalacións. A actividade contou cunha subvención da Xunta de Galicia.
Comentarios