top of page

Frades porá en marcha un Centro de Cultura Tradicional con axuda da Xunta


Frades foi un dos sete concellos galegos que obtiveron unha axuda de Agadic, da Xunta de Galicia, para a dinamización cultural no rural a través do programa Territorio Cultura.

O alcalde de Frades Roberto Rey Martínez acudiu o acto de presentación dos distintos proxectos seleccionados, onde puido expoñer o proxecto de Frades. Este consiste na posta en marcha dun Centro de Cultura Tradicional baixo o lema "A herdanza do pasado", co que recuperar e dinamizar a cultura tradicional material e inmaterial co fin de preservar e dar a coñocer o patrimonio tradicional en vías de desaparición.

A axuda concedida é de 42.000€ para as anualidades 2022/ 2023.

Comments


bottom of page