top of page

Frades retoma a actividade “Camiño de Santiago: Vía da Prata”


O próximo domingo 20 de xuño retomarase a actividade “Camiño de Santiago: Vía da Prata”, suspendida en marzo de 2020 polo confinamento e adiada novamente en novembro pola situación epidemiolóxica derivada da pandemia de COVID-19. O Concello de Frades sinalou que a iniciativa será retomada no punto onde quedou: a sexta etapa (16,2km) que une a Laxe (Lalín) con Bandeira (Silleda).


Haberá un autobús ás 9h de Frades á Laxe (Lalín), que recollerá aos participantes ao finalizar en Bandeira (Silleda) para regresar á casa facendo unha parada para xantar. Para participar, será obrigatorio o uso de máscaras no transporte e sempre que non se poida garantir a distancia de seguridade.


Durante a viaxe, o Concello de Frades acordará coas persoas participantes as datas para facer as dúas últimas etapas: Bandeira (Silleda) - Outeiro (Vedra), de 16 km; e Outeiro (Vedra) – Santiago de Compostela, de 16,6 km. O prezo mantense nos 10 euros por persoa (non inclúe xantar) e as inscricións poden formalizarse no Concello de Frades ou chamando aos teléfonos 981 695 567 ou 981 695 663.

Commenti


bottom of page