top of page

Frades rozou máis de 300 quilómetros de pistas este ano



Frades rozou no que levamos de ano máis de 300 quilómetros de estradas. O Concello dá por concluída a primeira fase dos traballos de roza, acometidos con dous tractores. O municipio conta con máis de 600 quilómetros de pistas. O concelleiro de Medio Rural e Limpeza Viaria, Manuel Ferreiro Marzoa, explica que polo momento xa se rozaron "unha vez todas as asfaltadas en todas as parroquias e dúas veces os eixos principais de comunicación en aglomerado de Frades". Actualmente, os dous tractores traballan en labores de prevención de lumes no monte. Neste mes de agosto vanse rozar outros 120 quilómetros nesas zonas.


Ademais, a Brigada municipal de Incendios, composta por cinco persoas, vaise encargar de rozar outras doce hectáreas de terreos municipais. Todos estes traballos están encadrados nos esforzos por prever lumes forestais.



Comments


bottom of page