top of page

Frades súmase no Día do Leite ao programa ‘Celébrao con leite’ da Casa Grande de Xanceda



A Casa Grande de Xanceda anunciou hoxe que, con motivo do Día do Leite, o Concello de Frades entrará no programa 'Celébrao con Leite' que impulsa esta granxa ecolóxica situada en Mesía. Mediante este programa, a Casa grande agasalla iogur ou leite ecolóxico a cada recén nacido no municipio de Frades ata que cumpra os doce meses. Celébrao con Leite é un programa de responsabilidade social corporativa (RSC) que Casa Grande de Xanceda xa desenvolvía no concello de Mesía e que agora amplía a Frades.


Os beneficios dos que se pode desfrutar adheríndose a este programa son 2 packs de iogures ou 2 litros de leite semanais e serán para todos os bebés de 0 a 12 meses dos concellos de Mesía e Frades. O que se pretende con esta iniciativa é celebrar os nacementos no rural e axudar así aos novos pais e nais dos concellos rurais próximos a Casa Grande de Xanceda.


O mecanismo é especialmente sinxelo, só se deberá acudir a Casa Grande de Xanceda cun certificado oficial de empadroamento dun dos dous proxenitores e a partida de nacemento do bebé.


Día do Leite

Esta é a acción de RSC local que Casa Grande de Xanceda leva a cabo polo Día do Leite, que se conmemora o 1 de xuño. Ademais, a firma proxectará a noite do 31 de maio, a partir das 22.30h print de vaca na porta de Santiago na Muralla de Lugo. A elección da ubicación débese a que Lugo é a provincia galega con máis vacas e ten, con 38 concellos nos que viven máis vacas que persoas, chegando ao caso de municipios como Muras onde por cada veciño hai cinco vacas, ou as case 10.000 vacas que residen no propio municipio de Lugo malia o seu carácter urbano.


Esta iniciativa está enmarcada dentro do famoso Paso de Vaca de Casa Grande de Xanceda.

Comments


bottom of page